Friday 03 de May de 2024

Regresan as actividades de Apego con ruta e obradoiro de artesanía infantil


O vindeiro domingo 16, ás 11.00 horas, retómanse as actividades do programa Apego cunha ruta circular a pé polo Monumento Natural que incluirá un obradoiro de artesanía e natureza.

A actividade é gratuíta, mais hai que reservala facendo a inscrición a través do formulario habilitado, que estará aberto a partir do luns ás 10:00 horas. A actividade está recomendada para nenas e nenos de 0 a 6 anos, con preferencia para as persoas inscritas no Apego de Oleiros.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/rabAMLPdHid1BjQc8

MÁIS INFORMACIÓN: http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=f4f087ab-03df-46c4-8ba3-c3708e888c1e&groupId=12702